xoves, 2 de novembro de 2017

SEIS HOMBRES

Hoxe deu comezo ao VI Ciclo de Contacontos da nosa biblioteca. Que ganas tiñamos!

Os primeiros cursos convidados a escoitar un conto foron 4º, 5º e 6º, pois na avaliación de final de curso os maiores observaron que case todas as propostas eran para os máis pequenos.

A profe e os alumnos de 3º puxeron en escena Seis hombres, de David McKee, editado por Libros del zorro rojo.
Este marabilloso album ilustrado resume dun xeito sinxelo a historia da humanidade cíclicamente, guerra tras guerra.

Seis homes, seis soldados, seis exércitos, seis campesinos... e unha historia de que se repite unha e outra vez ao longo dos séculos.

Aquí vos deixamos algunhas fotos desta sesión de contacontos. Aplausos para os actores!









Ningún comentario:

Publicar un comentario