mércores, 29 de novembro de 2017

25 N: CAMISETAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo do Día nternacional contra a violencia de xénero o 25 de novembro, esta semana propuxemos ás familias unha actividade de concienciación dende unha perspectiva diferente. 

Cremos que o cambio, ese que evita a humillación, as palizas e mesmo a morte das víctimas de violencia de xénero, debe comezar por concienciar a TODOS de que homes e mulleres debemos ter os mesmos dereitos e asumir as mesmas responsabilidades no día a día.

A actividade consistía en reflexionar sobre os slogans que hoxe en día poden verse nas camisetas infantís (mensaxes moi diferentes se se trata dun neno que se se trata dunha nena) e deseñar unha camiseta cun slogan no sexista, dirixida a calquera público independentemente do seu sexo.

Gustaríanos agradecer ás familias a implicación e a participación, pois agora temos os corredores cheos de frases positivas que nos recordan que NO CEIP SERRA VINCIOS TODOS CONTAMOS IGUAL.

Aquí vos deixamos algunhas fotos do resultado final. Estades invitados a ler todos e cada un dos slogans, anímadevos a vir!










Ningún comentario:

Publicar un comentario