Estamos a tope coa celebración do Día Internacional do libro! Outra das actividades para conmemorar esta data tan especial foi o contacontos ao que asistimos todos este venres.
Bolboreta e Voltereta facendo a intro do conto |
Ao longo do curso, varios alumnos dos distintos cursos participaron nunha actividade extraescolar de Contacontos e quixeron agasallarnos cunha magnífica actuación en directo.
Nena e nai discutindo pola sopa... |
Con axuda das súas profes, Bolboreta e Voltereta, puxeron en escena A sopa queima, de Pablo Albo y André Letria. Canta gracia sobre o escenario. Fixéronno xenial!
A nena non podía comer a sopa que lle servira a súa nai porque queimaba. Precisou a axuda dos ratiños, dos gatiños, do can, do boi e da veciña para poder arrefriala e comela. Pero logo todos querían sopa e houbo que traer a pota!
Un dos momentos máis divertidos do conto |
Saludando ao público ao final da actuación! BRAVO! |
Moitas gracias a todos por compartir con nós o voso traballo!
Encantounos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario