martes, 21 de marzo de 2017

EMOCIÓNATE COA POESÍA

Hoxe, 21 de marzo, é o Día da PoesíaEliximos esta data para arrancar as actividades relacionadas con esta arte de escribir.

Despois do recreo, reunímonos todos na biblioteca para un contacontos moi especial, protagonizado por un ratiño poeta. Sabedes de quen falamos? De Frederick, de Leo Lioni.

Paula deu vida a este encantador roedor, que encheu a nosa biblio de fermosas verbas coa súa poesía. Logo, repartiu as maletas poetas, cargadas de libros cos que gozar da rima, do ritmo, da música, das figuras retóricas...








Xa vos iremos contando o traballo que facemos e, sobre todo, a sorpresa final que nos agarda antes das vacacións!

Ningún comentario:

Publicar un comentario