luns, 21 de novembro de 2016

UNS AXUDANTES MOI TRABALLADORES

Este curso arrancamos un pouco tarde, pero cando o fixemos estabamos super preparados!

Os axudantes de biblioteca, alumnos voluntarios de 5º e 6º, tiveron tres sesións de formación para prepararse para realizar todas as tarefas que lles temos encomendadas: buscar e colocar libros, emprestar e devolver fondos no meiga, axudar aos pequenos nos distintos recunchos, preparar as novidades...

Este ano, como novidade, terán que xestionar o recuncho do noso pequeno novo amigo, o Escornabot, axudando a todos a xogar con el respectando as normas de uso.

Aquí vos deixamos unhas fotos das labores que realizan. Sen eles estaríamos perdidos! GRACIAS CHICOS!




Ningún comentario:

Publicar un comentario