domingo, 19 de xuño de 2016

APRENDENDO A MONTAR OS ESCORNABOTS

Os últimos días do curso os alumnos de 5º axudantes da Biblioteca estiveron realizando un obradoiro sobre os Esconabots e a súa montaxe. 
A elección deste grupo ten un sentido: o vindeiro ano serán os alumnos do curso máis elevado do centro e poderán axudar ás aulas a montar estos pequenos robots cos que contará o Centro. 
Para a montaxe tiveron unha guía que explicaba paso a paso como tiñan que acoplar cada peza. Os resultados foron xeniais, posto que todos os grupos conseguiron que o seu Escornabot funcionase. 
Aquí vos deixamos un pequeno resumo dos obradoiros. 

Noraboa Chicos!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario