luns, 26 de febreiro de 2024

Eleccións na biblio creativa!!

Boas, amigos e amigas!

A pasada semana tiveron lugar no cole, ao igual que a fin de semana anterior na nosa comunidade autónoma, as eleccións!! Pero as nosas foron especiais, tivemos que escoller un nome para poñerlle á nosa aula creativa. Dúas semanas atras, os axudantes da biblioteca foron por todas as clases a contar como o íamos facer. Fixeron unha presentación na que nos contaron que íamos ter dúas semanas para votar nun buzón da entrada as nosas propostas de nomes, e de aí saíron 4 nomes moi chulos: Creatincios, Súperaula, Serralandia e Aula dos soños. 

Unha vez tivemos as 4 propostas, chegaron as eleccións!! De novo, os axudantes de biblioteca tiveron un papel moi importante neste proceso. Conformáronse as mesas electorais, que estiveron formadas por un presidente ou presidenta, dous vogais e un axudante. En cada sesión acudíu un ciclo a votar, tendo dúas mesas nas que poderían exercer o seu dereito a votación.

Xa por último chegou o momento do reconto de votos, comprobando o censo electoral e as persoas que acudiron a votar. Foi unha xornada moi interesante e divertida na que gañou, por unha diferenza pequena de 9 votos... AULA DOS SOÑOS!



Moitas grazas a todos e a todas pola participación e, en especial, ao súper axudantes de biblioteca!!! Vémonos en... 4 anos? 


mércores, 31 de xaneiro de 2024

CONTACONTOS 3º CICLO

 O RELATO DUNHA HOMENAXE

    O xoves 25 de xaneiro, 5º e 6º E.P. asistimos a un contacontos moi especial. A profe María, compartiu connosco un relato tan emotivo como duro, que nos removeu o corazón e a conciencia. Un relato do escritor afgano Khaled Hosseini que confróntanos coa realidade de milleiros de persoas que cada día vénse forzados a fuxir dos seus países para poder salvar a vida. Unha situación vital que, lamentablemente, ningún de nós estamos libres de sufrir...




xoves, 28 de decembro de 2023

25 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.

CONMEMORAMOS O 25 N

Como cada ano, segue a ser moi necesario non esquecer que aínda hai  mulleres e nenas sufrindo situacións de maltrato e abusos por razóns de sexo, e, continúa a ser fundamental a implicación de todos e todas nós para loitar contra esta lacra.

Desta volta, a profe Lucía, compartiunos unha dura e moi emotiva historia real que tivo lugar na primeira metade do século XX, na República Dominicana baixo a dictadura de Rafael L. Trujillo, cuxas protagonistas foron as tres irmás Mirabal: Patria, Minerva e María Teresa Mirabal. 

Estas tres mozas, "As Bolboretas", foron asasinadas, por orde do dictador Trujillo e como consecuencia dunha vinganza persoal, un 25 de Novembro de 1960. Por este motivo, para conmemorar a loita que emprenderon pola liberdade, as Nacións Unidas instituíu este día como o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, e tamén para seguir sendo conscientes de que, ao longo do mundo, moitas mulleres e nenas viven situacións de maltrato por ser mulleres, sen acceso, moitas veces, a educación, sanidade, xustiza, protección... en definitiva, sen dereito a unha vida digna e en liberdade.

Neste pequeno vídeo podes ver como vivimos a semana do 25 de Novembro no cole, descubrindo a sobrecolledora historia das Irmás Mirabal e cun obradoiro no que elaboramos Bolboretas para rendir a nosa humilde homenaxe as vítimas de violencia de xénero que, ao longo deste ano (ata a celebración deste obradoiro), foron asasinadas en España.







 




xoves, 21 de decembro de 2023

CERTAME DE SAMAÍN

 BANDAS DESEÑADAS PARA TREMER DE MEDO

Alá polo mes máis terrorífico do ano, Novembro, Librincios convocou o Certame de Cómic Terrorífico, para buscar o AUTOR/A REVELACIÓN DO ANO EN VINCIOS.

Onte, o xurado, presidido pola Pantasma Manolín, moi famosa no noso cole, fixo público os nomes dos seleccionados e seleccionadas...

Aquí deixamos os nomes destes  Autores e Autoras de Banda Deseñada:

EDUCACIÓN INFANTIL 

GRETA DÍAZ (4 ANOS).

1º CICLO

1º E.P.:  TODO O GRUPO POLA SÚA CREACIÓN COLABORATIVA.

2º E.P.:  FÉLIX DÍAZ e MARCO CARBAJO.

2º CICLO

GRUPO FORMADO POR CELIA HERMIDA  e  PAULA ALONSO.

PROFES

A profe Carmen.

Os e as seleccionadas, no mes de Xaneiro, terán unha xuntanza cos seus Padriños e/ou Afillados e Afilladas para compartir con eles o seu proceso de creación e presentar a súa obra elixida.

Noraboa a todos aos participantes!!  Sodes uns artístas!!




mércores, 20 de decembro de 2023

Día da (dis)CAPACIDADE.

 Ola, patrulla planeta!

Co motivo do día da (dis)capacidade, que se celebra o 3 de decembro, no cole vivenciámolo de diferentes maneiras. Na hora de ler tivemos contacontos como O cazo de Lorenzo, Non fai falta a voz e Paxaro Amarelo. Ademáis, no corredor de abaixo puidemos desfrutar de rincóns cos que empatizamos con diferentes tipos de diversidades: auditiva, visual, motora e a axuda que nos dan os pictogramas no noso día a día. 

Queremos agradecer a Inma, a mestra da ONCE que ven ao noso cole, polo préstamo de material. Foi unha pasada poder escribir en Braille coa máquina Perkins, grazas!!

Deixamos un vídeo no que podedes ver o que disfrutamos e aprendemos.


https://youtu.be/Kj059yd-0tE

Saúdossssss amigos e amigas!